- Este evento ha pasado.
Hinchalugo 2026

31 Marzo e 1 de Abril de 2026 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo de 16:30 a 19:30
A actividade permitirá ás familias desfrutar dun amplo espazo con máis de 30 atraccións
inchables, adaptadas a diferentes idades, co obxectivo de fomentar o xogo, a actividade
física e a convivencia entre a rapazada.
Hinchalugo está concibida como unha iniciativa aberta non só aos nenos e nenas da cidade
de Lugo, senón tamén aos dos concellos limítrofes e ao conxunto da provincia.
Do mesmo xeito, a actividade está especialmente pensada para facilitar a participación das AMPAS, que poderán atopar nesta proposta unha opción atractiva para organizar actividades colectivas durante a Semana Santa.
Desde a organización, a Federación Lugo Rural Importa, destácase que esta iniciativa pretende contribuír a dinamizar a cidade nestas datas, ao tempo que se ofrece unha alternativa de lecer familiar accesible, inclusiva e orientada ao benestar da infancia.
























