Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición «Latexantes»

17 de julio - 13:00

Inauguración da exposición «Latexantes»

17 de xullo de 2026

13:00 horas

Sala de exposicións da Deputación de Lugo – Pazo de San Marcos

Esta nova proposta artística está impulsada polo Grupo Técnica Mixta, un colectivo multidisciplinar composto polos creadores Ana Barbará, Yolanda Carbajales, Andrés Conde, Maite Meixide, Antonio Pedreira e Leonardo Rial.

Os membros deste grupo comparten unha importante base formativa, xa que todos eles foron alumnos do artista, gravador e pintor cubano Raimundo Orozco, no cuxo taller traballaron durante varios anos para perfeccionar as técnicas de expresión gráfica que agora presentan ao público.

O gravado e a escultura forman parte dunha tradición artística de grande relevancia no noso país, que soubo dialogar co seu tempo sen renunciar ás súas raíces.

As obras reunidas nesta exposición amosan esa capacidade de crear desde Galicia, coa mirada aberta ao mundo, contribuíndo ao enriquecemento do noso patrimonio cultural e ao prestixio da arte galega máis alá das nosas fronteiras.

Detalles

  • Fecha: 17 de julio
  • Hora:
    13:00
  • Categoría de Evento:

Recinto