Cargando Eventos

« Todos los Eventos

O Arde Lvcvs a debate

3 de septiembre - 11:00

3 de setembro
11:00 horas
Casa do Saber (Pazo de Montenegro, Lugo)

A Cátedra en Xestión Cultural, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, organiza unha mesa de coloquio para reflexionar sobre o presente e o futuro do Arde Lvcvs, Festa de Interese Turístico Internacional, coincidindo coa conmemoración do seu 25 aniversario.

O coloquio estará moderado por Gonzalo Francisco Fernández Suárez, director da Cátedra Institucional de Xestión Cultural da USC, e contará coa participación de representantes de catro das asociacións que dan vida á festa:

  • Julio Severino Montero Barcala, da Asociación Mercenarios Galaicos.
  • Pilar Rey Fernández, da Asociación Asamblearias Lucus Augusti.
  • Teófilo García Rodríguez, da Asociación Caetra Lucensium.
  • Alejandro Barrio Arias, do Grupo Vindicta Recreación Histórica.

Detalles

  • Fecha: 3 de septiembre
  • Hora:
    11:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map