«Orgullosas» xornada de reinvidicación, visibilidade e cultura LGBT+

O 15 de outubro, ás 20.00 h, haberá unha xornada de reinvidicación, visibilidade e cultura LGBT+ na Casa do Saber do campus de Lugo. Presentarase o estudo ‘A situación das mulleres lesbianas* en Galicia’, haberá un encontro coa actriz galega Alba Loureiro e proxectarase ‘Contando los días’, unha reel-serie creada por Alba Loureiro e Tania Medina. O acceso é libre ata completar a capacidade da sala.
Ademais, ás 17.00 h celebrarase unha sesión de traballo a porta pechada coa comunidade universitaria (estudantado, PDI, PTXAS) do campus de Lugo para identificar problemáticas, necesidades e prioridades en materia de Diversidade LGBTI+. Para asistir a esta sesión é preciso inscribirse a través desta ligazón. Para calquera dúbida sobre o obradoiro escribir a infodiversidade@usc.gal.
Esta actividade está incluída dentro da programación do Outono Cultural da Universidade de Santiago de Compostela.

