Presentación da Asociación Cidadá Agra dos Castros

Presentación da Asociación Cidadá Agra dos Castros o día 26 de xuño ás 20h na Praza da Milagrosa.
O acto de presentación servirá para recoñecer a labor de Valentín Arias Pontón tras dúas décadas á fronte da Asociación de Veciños da Milagrosa.
A xornada contará coa actuación musical da Coral Lucus Terra.
«A nosa asociación nace coa vontade de ser un espazo de socialización e integración de toda a cidadanía do norte da cidade, independentemente da súa procedencia. Queremos formar un espazo de diálogo aberto á participación promovendo iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza, ao desenvolvemento social, cultural e comunitario dos nosos barrios.
O nome que escollemos para a Asociación é o o nome do castro da Piringalla: Agra dos Castros, actualmente en estado de abandono.
Consideramos que sería moi importante para esta zona da cidade que se puxese en valor, como se fixo co Castro de Viladonga, xa non só pola necesidade de valorar o noso patrimonio historico-artístico senón polo seu potencial turístico para a zona norte da cidade.
O noso logo igualmente está inspirado na decoración dos restos de cerámica atopada nas poucas escavacións que se teñen feito nese castro, semicírculos con liñas discontinuas.
Quixemos facer unha reinterpretación deses semicírculos, representando cada un deles a un barrio da zona Norte, unidos, como nunha Agra, por un mesmo círculo que os arroupa a todos.
Animamos a que nos sigades en redes sociais @agradoscastros e tamén podedes enviar suxestións e inquedanzas ao noso correo electrónico: agradoscastros@gmail.com «

