Proxección da curtametraxe «Calorcito vital»

Proxección da curtametraxe «Calorcito vital»
12 de maio – 20:00 – A Hedreira (R/ Catasol, 17)
«Este martes 12 de maio proxectamos a curtametraxe de ficción Calorcito Vital.
Contaremos coa presenza do seu director, o cineasta e ecoloxista Javi Sánchez-Blanco, acabado de chegar de Madrid.
Ao remate da proxección guiará un coloquio que promete non deixar a ninguén indiferente arredor do decrecentismo.»
Sinopse: “Durante unha implacable tormenta de neve, tres mulleres refúxianse nunha vella cabana. Unha delas ten un plano para mellorar a súa situación, pero o que comeza como un alivio temporal converterase nunha perigosa obsesión”. https://www.instagram.com/hedreira/

























