Cargando Eventos

« Todos los Eventos

SanFroiDance 2026

10 de octubre - 17:00
O sábado 10 de outubro, a Praza de Santo Domingo convértese no epicentro da música negra, o rap, a electrónica e a cultura urbana dentro das festas de San Froilán.
17:00 — 01:00 h
Praza de Santo Domingo · Lugo
17:00 · DEIN
Rap desde Lugo. Unha das voces da nova escena urbana lucense, con conexión directa coa cultura hip hop.
17:45 · JULI GIULIANI
Rap desde Barcelona. Hip hop, soul, funk, jazz e house nun artista que rompe as fronteiras entre estilos.
19:00 · LUMEDOOP
Rap desde Ordes. Jamas, Møu e DJ Mil unen rap, scratches e cultura hip hop galega nun proxecto con identidade propia.
20:20 · TELEPHUNKEN
Zaragoza. Funk, breaks, hip hop e electrónica nun dos nomes de referencia do nu-funk estatal.
22:00 · ONELIA
Madrid. Funk, disco e house da man dunha DJ e produtora con longa traxectoria na escena electrónica.
23:00 · DANI RIVERA
Vigo. House, sons de club e unha longa traxectoria de actuacións dentro e fóra de Galicia.
VISUAIS + DIEGO AS
A música estará acompañada de visuais e dunha imaxe gráfica creada polo artista urbano lucense Diego AS, recoñecido internacionalmente polo seu traballo no muralismo e a cultura urbana.

Detalles

  • Fecha: 10 de octubre
  • Hora:
    17:00
  • Categoría de Evento: