Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Visións de cine ‘Onde suceden as historias’

21 de noviembre - 11:30 - 13:30

O 21 de novembro teremos o encontro ‘Visións de cine’, unha actividade incluída na programación do Outono Cultural.

Da man de catro profesionais poderás achegarte dunha maneira moi afable ao mundo do cine.

De 11:30 a 13:30 no Pazo de Montenegro.

Pepe Coira, Andrés Goteira, Adra Pallón e Clara Coira serán as persoas relatoras. Elixirán dúas secuencias e a partir de aí todo estará por contar, todo por falar e analizar. O acceso é libre e de balde.

Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 21 de noviembre
  • Hora:
    11:30 - 13:30
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Pazo de Montenegro
  • Praza Pío XII, 3
    LUGO, Lugo 27001 Spain
    + Google Map