Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Xornada “Xénero e ruralidades en ditadura”

11 de mayo - 10:00

A Sala de Graos da Facultade de Humanidades de Lugo será o escenario, o 11 de maio de 2026, da xornada ‘Xénero e ruralidades en ditadura’, unha cita centrada na análise das experiencias femininas e das disidencias de xénero nos contextos rurais durante o franquismo.

O encontro desenvolverase entre as 10.00 e as 14.00 horas.

A asistencia é libre ata completar a capacidade do espazo.

O programa inclúe catro relatorios que abordarán cuestións como o control institucional da sexualidade feminina na ditadura franquista, as transgresións de xénero e a súa recepción nas comunidades rurais da posguerra, o papel da costura e da economía doméstica na socialización feminina ou as transformacións -e límites- da identidade das mulleres no proceso de modernización rural do franquismo.

As intervencións correrán a cargo de Tamara López Fernández, Daniela Ferrández Pérez, Uxía Otero González e Laura Cabezas Vega, todas elas investigadoras vencelladas a HISTAGRA-CISPAC.

A xornada pretende abrir un espazo de reflexión crítica sobre memoria, xénero e territorio, poñendo o foco en realidades rurais frecuentemente marxinalizadas nos relatos históricos dominantes.

Detalles

  • Fecha: 11 de mayo
  • Hora:
    10:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • Facultade de Humanidades Lugo
  • Complexo docente do campus de Lugo, s/n
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map