Andrés Haensel e a súa obra gañadora

Este domingo 11 de xullo celebrouse a 21 edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo que promove a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello.

37 artistas chegados de Segovia, Sevilla, Madrid, A Coruña, Toledo, Valladolid, Pontevedra, Coruña, Avilés, Xixón, Lugo, León, inmortalizaron distintos lugares da cidade en cadros con variados estilos e técnicas pictóricas.

O xurado, composto por Ana Santiso Vilar, muralista; Senén Olano Álvarez, docente, e Vanessa Somoza Dominguez, artista plástica; visitou todas as obras e procedeu á deleberación que deu como gañadores Rafael Carrascal García, co 1º premio (1.600€ e diploma), Vicente Soto Fernández, co 2º premio (1.100€ e diploma), Alberto David Fernández Hurtado co 3º (900€ e diploma).

Os 6 accésit (300€ e diploma) foron para os seguintes participantes: Oscar Hernàn Mìnguez, Roberto Castro Iglesias, Pablo Rodríguez de Lucas, Alexandre Otero Paz e Pío Costa Beiro.

En canto ao premio para o artista local, de 450€ e diploma, o xurado decidiu outorgarllo a Andrès Haensel Solorzanorecoñecido músico que forma parte dos Conducto Coloquio e acaba de lanzar o seu propio proxecto musical en solitario, tan hábil cos pinceis – ou máis – como coas teclas do piano. Un artista top a descubrir.

Eventos en Lugo