ABRIL 2018 Este luns 30 de abril é o Día Internacional do Jazz e un local mítico e feito a golpe de concertos de jazz como é o Club Clavicémbalo o celebra como se merece: con tres concertos seguidiños e pasar unha noite jazzística para disfrutar e gardar no recordo. A programación é a seguinte:

21:15  Por mí, Swing
Lucenses. Dúas voces femininas, unha voz masculina, contrabaixo, saxo, piano, batería, guitarra. Especializados na música swing dos anos 30, 40 e 50.

Nace ao abrigo de Swing Jazz Lugo  para dispoñer de música en directo nas festas e eventos swing que organiza o colectivo. O repertorio engloba grandes obras do swing máis clásico e novas tendencias como NEOSWING, ELECTROSWING…

https://www.facebook.com/pormiswing/

23:30  Aló Django

Proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.

https://www.facebook.com/alodjango

Aló Django Cuarteto

00:30 Trizak 

Músicos reputados del jazz vasco.

Trizak facebook