A Xunta de Galicia abriu a convocatoria de axudas do novo fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 dotado inicialmente con 1,5 millóns de euros
Diríxese a proxectos de empresas, cooperativas, entidades sen ánimo de lucro e autónomos financiados ao 100% con achegas de ata 10.000 e 4.000 euros
Inclúe un amplo abano de iniciativas de música, audiovisuais, artes escénicas, dinamización da lingua, patrimonio, libro e turismo cultural, entre outros
No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, Política Lingüística promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega cos seguintes obxectivos:
- Dinamizar a lingua propia de Galicia
- Inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da Covid-19 para que ninguén quede fóra
- Abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais
Poden presentar as súas propostas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Fondo X21):
- Autónomos
- Empresas privadas
- Entidades culturais sen ánimo de lucro
Recibirán un apoio de ata 4000 € no caso dos autónomos e de ata 10 000 € no caso das empresas e entidades culturais. Estas cantidades poderán financiar ata o 100 % do proxecto.
Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden pertencer aos seguintes ámbitos:
- Virtual (vídeos, música, películas, documentais, fotografías…)
- Presencial (actuacións teatrais, musicais, exposicións…)
- Outros servizos: materiais e produción
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2020.
Logo da resolución, o prazo de presentación dos proxectos rematará o 31 de decembro de 2020.
Na seguinte web máis información e documentación