Cartel do Plan da Xunta de Galicia de reactivación do sector cultural

Xunta de Galicia acaba de publicar o «Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19» – 26,8 M. de euros de investimento – do que destacamos os seguintes puntos referidos ao sector cultural: 

1. Activación da industria cultural galega – 6.862.300 €

2. Mantemento do Emprego Cultural en Galicia – 740.000 €

3. Fomento do consumo cultural en Galicia – 1.953.000 €

4. Formación, profesionalización e mellora da competitividade – 615.570 €

Ademáis das medidas relacionadas co Xacobeo 2021

1. Activación da industria cultural galega
Medidas de apoio ao sector do libro:

• Apoio ás empresas editoras. Apoio á produción e edición de libros por parte das empresas editoras con domicilio fiscal en Galicia, tanto en galego como en castelán, que aseguren o mantemento do ciclo editorial.
• Apoio ás librarías. Programa de actividades culturais que dará comezo cando se levanten as medidas de restrición, como apoio á difusión dos libros editados en Galicia.
• Apoio ás feiras do libro de Galicia. Colaboración coa Federación de Librarías de Galicia para facer posible o calendario de feiras do libro de Galicia, que acada catorce localidades de cidades e vilas.
• Apoio ás traducións literarias. Incremento das axudas ás empresas editoras para a realización de traducións do galego a outras linguas e doutras linguas ao galego.
• Reforzo das axudas ás bibliotecas públicas, co consecuente impacto no sector do libro

Medidas de apoio ao sector audiovisual:

• Modificación e flexibilización das axudas a festivais audiovisuais. Apoio aos festivais audiovisuais mediante a flexibilización das bases, fomentando a modificación dos proxectos, a ampliación nas datas de celebración e introducindo a posibilidade da celebración en liña.
• Ampliación dos beneficiarios das axudas ao talento audiovisual. Incremento do número de curtas e guións apoiados na convocatoria 2020, mediante a modificación das bases.
• Publicación das axudas de asistencia a foros e mercados audiovisuais. Reembolso dos custos de asistencia a mercados xa celebrados para dar liquidez ás empresas, desde o 01/12/19 ata o 15/3/20
• Fomento da fase de desenvolvemento audiovisual. Apoio á fase previa á produción audiovisual para a consecución de proxectos dunha maior calidade.
• Inxección de liquidez ás empresas audiovisuais. Modificación extraordinaria das convocatorias de axudas ao audiovisual para facilitar a consecución de anticipos.
• Impulso á internacionalización das empresas audiovisuais galegas. Convocatoria dun fondo de coprodución internacional minoritaria no ámbito audiovisual que facilite a presenza de empresas galegas en proxectos internacionais de relevancia.

Medidas de apoio ás artes escénicas:

• Adaptación das axudas á creación escénica. Flexibilización das condición da convocatoria de produción escénica do ano 2020, para fomentar o emprego e a mobilización de recursos para a produción de novos proxectos escénicos.
• Adaptación das subvencións á distribución de artes escénicas. Inxección de liquidez ás empresas de artes escénicas a través do reembolso dos custos de distribución interior e exterior entre o 01/11/19 e o 12/03/20.
• Adaptación da orde de apoio aos festivais de artes escénicas. Modificación das bases da convocatoria de axudas a festivais de artes escénicas, para facilitar a celebración dos eventos e incrementar o peso das compañías galegas na celebración
• Modificación e flexibilización das bases da convocatoria ás empresas de artes escénicas 2019-2020. Adaptación da convocatoria de axudas a produción de artes escénicas para facilitar o cumprimento dos requisitos e inxectar liquidez nas empresas
• Normativa da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Flexibilización da normativa da Rede Galega de Teatros e Auditorios para que as funcións canceladas durante o primeiro semestre poidan programarse con facilidade no segundo.
• Apoio á dramaturxia contemporánea galega. Impulso dos premios de dramaturxia, fundamentais para o mantemento do emprego de escritores e dramaturgos.

Medidas de apoio ás artes plásticas e ás galerías de arte de Galicia:

• Axudas á creación no ámbito artístico. Axudas para creadores/as artísticos (artistas e comisarios) de menos de 35 anos.
• Apoio ás galerías de arte. Apoio ás actividades da Asociación Contemporánea de Galerías de Arte de Galicia.
• Encontro de Artistas Novos (EAN). Celebración dun novo EAN adicado aos artistas máis mozos co obxectivo de potenciar e captar novos talentos.
• Liña de axudas para profesionais do ámbito artístico. Axudas para profesionais do ámbito ártistico para a asistencia a feiras de arte fóra de Galicia.

Medidas de apoio ao sector da música:

• Axudas á distribución musical. Adaptación das bases da liña de axudas ata o período anterior ao estado de alarma, incrementando o seu importe proporcionalmente. O obxectivo desta medida é a inxección de liquidez ás empresas de música a través do
reembolso dos custos de distribución exterior entre o 1/11/19 e o 12/3/20.
• Axudas á producción fonográfica. Adaptación das bases da liña axudas á produción fonográfica, que apoian a gravación e promoción de fonogramas (discos, single, videoclips, etc.) de músicos galegos. O obxectivo da modificación é facilitar a presentación de solicitudes ampliando os potenciais beneficiarios e adaptando os criterios da orde ao escenario actual do sector cultural.

2. Mantemento do Emprego Cultural en Galicia
Axudas para o fomento e dinamización da cultura en Galicia

Fondo de apoio a proxectos e iniciativas culturais que prioricen o mantemento da actividade dos sectores creativos de Galicia, o desenvolvemento de proxectos culturais relevantes e a creación de contidos creativos tanto analóxicos coma dixitais.

Esta medida está dirixida a entidades e profesionais da cultura galega

Reprogramación da rede de dispositivos culturais da Xunta de Galicia no ámbito escénico

• Reprogramación da actividade do Centro Dramático Galego. Produción de tres espectáculos escénicos para ser distribuidos en 2021.
• Reprogramación da actividade do Salón Teatro. Impulso da produción de novos proxectos escénicos a través de acordos con outras entidades

3. Fomento do consumo cultural en Galicia
Campaña de impulso e animación ao consumo cultural

Campaña transversal da Xunta de Galicia centrada na comunicación e sensibilización da sociedade galega sobre a importancia dos contidos culturais, do traballo de toda a cadea de valor da creación artistica, da necesidade de implicarse no mantemento dun sector estratéxico para a nosa comunidade e de involucrarse na programación cultural, presencial ou a distancia, realizada polas industrias creativas galegas.

O fomento do consumo cultural é a pedra angular da recuperación e reactivación do sector, despois do tempo de inactividade e a posterior reapertura progresiva provocadas polo COVID-19. Esta campaña enfatizará a importancia da cultura; tanto como dereito irrenunciable e mostra do talento, identidade e herdanza dos galegos; así como un sector económico que xera emprego, riqueza e benestar e do que dependen moitas familias galegas

Medidas de fomento da lectura e de apoio ás bibliotecas públicas

• Máis recursos na Rede de Bibliotecas de Galicia. Adquisición de fondos bibliográficos (libros, materiais sonoros, xogos, mapas, materiais audiovisuais…) para a mellora das coleccións das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia mediante a súa compra nas librarías de proximidade.
• Máis fondos en Galicia Le. Aumento da dotación para a adquisición de libros e de audiovisuais na plataforma de préstamo de materiais electrónicos Galicia Le. Adquisición directa a empresas editoras e audiovisuais galegas, nun momento en que o número de usuarios e de préstamos na plataforma están a aumentar exponencialmente.
• Dinamización da lectura desde as bibliotecas públicas. Mantemento do programa de dinamización lectora “Ler Conta Moito”, que se leva a cabo na Rede de Bibliotecas de Galicia.
• Investimento nas bibliotecas públicas de xestión autonómica. Adquisición de fondos para as coleccións e planificación de actividades culturais das sete bibliotecas de xestión autonómica e da biblioteca pública de Ferrol.

4. Formación, profesionalización e mellora da competitividade
Plan de formación no eido cultural:

• Bolsas de formación en materia cultural. Convocatoria de bolsas de formación en materia de museos, de biblioteconomía e de arquivística dirixida a graduados que leven a cabo o seu labor formativo en centros culturais.
• Plan de transformación dixital no ámbito cultural. Creación dunha plataforma virtual para a formación en liña e compartir recursos formativos (Moodle).
• Formación para os profesionais das institucións da cultura. Posta en marcha dun programa de formación e de actualización profesional dirixido ao persoal de bibliotecas, arquivos e museos de Galicia, co obxectivo de incidir en aspectos necesarios sobre as novas realidades e necidades dos equipamentos culturais.
• Formación na transformación dixital para xestores culturais. Convenio de colaboración coa AGPXC (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural) para a realización de varias accións formativas ao longo do ano 2020, tanto telemáticas como presenciais, que incidan no coñecemento e utilización de ferramentas e recursos para a transformación dixital do tecido cultural galego.

Asesoramento e consultoría para empresas e profesionais culturais

Servizo de asesoramento e consultoría en liña que se ofrecerá desde a Cidade da Cultura en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Este servizo está dirixido a empresas e xestores culturais e ten por obxectivo a resolución de todo tipo de dúbidas de carácter laboral, información sobre a publicación de liñas de axudas públicas e as súas condicións e requisitos, a consulta de protocolos e criterios de carácter hixiénico-sanitario xa comezado o proceso de desescalada e demais dúbidas que poidan xurdir entre os profesionais da cultura.

Podes descargar o documento neste link – pdf – 

En formato imaxe as medidas enmarcadas no Xacobeo 2021: