V Festival dos Eidos – Festival poético do Courel

V Edición Festival Dos Eidos en O Courel

O V Festival dos Eidos reúne no Courel a X.L Méndez Ferrín, Pepe Coira, Gaspar Broullón, Antón Patiño, Antón Lamazares, Laura Lamontagne, Iria Pinheiro, Anxo Moure, Kirenia Martínez... entre outros nomes do cinema, música, pintura, teatro, danza e literatura. Entrada gratuita.

Agosto 2019 O Festival dos Eidos chega á súa V edición a fin de semana do venres 23 ao domingo 25 de agosto cunha programación chea de actividades  nas que se relacionan diferentes expresións artísticas coa literatura: recitais, concertos, artes escénicas e do corpo, roteiros e visitas guiadas, obradoiros, actividades para nenxs e exposicións nos diferentes espazos, do interior e exterior da casa-museo de Novoneyra  (Fundación Uxío Novoneyra. Parada. O Courel. Lugo). Entrada gratuita. 

PROGRAMA DO V FESTIVAL DOS EIDOS

VENRES  23 de agosto 

10:00 – 14:00 Obradoiro de realización documental con Pepe Coira e Gaspar Broullón, de OlloVivo Producións.

15:00 Obradoiro de sketching (debuxo en movemento) guiado pola pintora Chloè Aublet. Podes inscribirte no mail eidosfest@litfest.eu indicándonos no asunto “sketching”.

16:30 Sesións Valumbo.

17:30 – 18:30 Presentacion campaña crowdunding «El Corazón en el Ojo», retrospectiva da obra do fotógrafo Federico García-Cabezón.

18:30 – 20:00 Homenaxe a Carlos Oroza con Antón Patiño e Antón Lamazares, recita Pablo Fidalgo e presenta Branca Novoneyra.

20:00 Roteiro por Parada.

21:30 Concierto Laura Lamontagne.

23:15 Concerto o’leo de matamá

0:00 Sesións Valumbo.

SÁBADO 24 de agosto 

11:30 Contacontos con Anxo Moure.

12:00 «Instante Gradual» danza Kirenia Martínez. CASA-ESCOLA DE MARÍA MARIÑO.

12:00 Sesións Valumbo

12:00 «Uralita» poesía escénica de Iria Pinheiro. CASA-ESCOLA DE MARÍA MARIÑO.

12:00 «Instante Gradual» danza Kirenia Martínez

12:30 Recital «A verba interior» con Fátima N. Delgado, Rafa Lobelle, Miguelanxo Lar e Lito López de Álvarez. AIRA CASA ESCOLA

13:30 Concerto de Emilio José.

16:00 Obradoiro familiar de land art por Chloé Aublet. Inscríbete en eidosfest@litfest.eu

16:00 Proxecto Oso Courel

18:00 Recitan O Leo, Pablo Fidalgo e X.L Méndez Ferrín, presenta Nieves Neira (21′ x 3 + presentación). CURRAL.

20:00 Sesións Valumbo: Dj Xabi B

21:00 Proxección longametraxe «Trinta Lumes»

22:30 Concerto Selvática.

0:20 Sesións Valumbo: Dj Tristón + Os Costaleiros Do Dia Anterior.

DOMINGO 25 de agosto 

10:00 Avistamento de aves Habitaq.-  Para inscribirvos nesta actividade escribe ao mail eidosfest@litfest.eu co asunto “avistamento de aves”.

13:00 Concerto Música Tradicional Zeltia Irevere