Estrea en Lugo do documental antipatriarcal do ano

“Inteligente, emotiva y muy certera. Ojalá se proyectase en todos los colegios” Días de Cine

“Vedlo y contádselo a todas” Rocío Gómez F. Blanco, Carne Cruda

"El documental antipatriarcal imprescindible del año” Marta Nieto, directora de programación de la Mostra de Films de Dones.

mulleres que coñezo

Febreiro 2019  Estréase no cinema Codex de Lugo o documental feminista galego Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), recén nominado a mellor documental dos premios Mestre Mateo e “o documental antipatriarcal imprescindible do ano” segundo Marta Nieto, directora de programación da Mostra de Films de Dones.

A película poderase ver o domingo 17 de febreiro ás 19:00 no cinema Codex de Lugo, coa presentacións das protagonistas e parte do equipo da película.

Xiana do Teixeiro partiu de experiencias persoais para rodar a película. “Impulsoume a inxustiza de ser educada como vítima potencial dende cativa, nun momento no que pensaba que a vida ía de intentar ser o más libre posible”, comenta.

A película realiza un exercicio de “colectivización das frustracións que provoca a educación no medo, unha práctica esencial da cultura da violación”, combinando voces de mulleres de distintas xeracións e entretecendo secuencias. “Empregamos a pantalla como espello, un exercicio que non remata cando a película acaba, prolóngase para incluír á audiencia”.

O documental, gravado en Galicia en 2017, contén secuencias no casco histórico de Lugo e nun centro de educación secundaria de Ourense. “Puidemos mostrar a película a unha audiencia xuvenil e incluír as súas opinións sobre ela na montaxe. Agora a película está mostrándose en centros educativos e ese debate gravado amplifícase”.

En efecto, Tódalas mulleres que coñezo percorreu numerosos festivais nos que foi varias veces distinguida, e agora a película combina o circuito de pantallas cinematográficas cun percorrido por institutos, centros culturais, asociacións, en formato de cinefórum e taller. “É marabilloso cando hai un grupo que ve o documental, dialoga con el e quere mostralo no seu espazo. Fan súa a película e poñen en relación cine e vida dun xeito menos xerárquico. Temos a sorte de que coa nosa película está pasando isto de xeito bastante espectacular”.

Tódalas mulleres que coñezo é a primeira longametraxe de Xiana do Teixeiro (Somos Plaga, Carretera de una sola dirección). Para gravala, a directora lucense contou cun equipo enteiramente de mulleres. “Traballar dende o feminino facilitou construír espazos seguros, así acadamos máis intimidade nos discursos das protagonistas. Era unha cuestión de confianza, de sororidade”, explica do Teixeiro.

A película é unha produción de Walkie Talkie Films, con participación da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

tmc-fotograma
SELECCIÓNS E PREMIOS

2018. Festival de Málaga de Cine Español. Sección Oficial Longametraxe Documental.
2018. Primavera do Cine. Sección Oficial Longametraxe. Vigo. Premio do público Mellor Película Galega.
2018. Documenta Madrid. Sección competitiva nacional de longametraxe. Premio Screenly Mellor Película.
2018. Mostra de Films de Dones. Panorama. Barcelona.
2018. Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Sección Oficial.
2018. Alcances – Festival de Cine Documental. Cádiz. Sección Oficial. Premio del Público e Premio DOCMA.
2018. Cinespaña Toulouse.
2018. Evolution Mallorca International Film Festival. Mención especial Longametraxe Documental.
2018. Zinebi – Festival de Cine Documental y Cortometraje de Bilbao. Beautiful Docs.
2018. L’Alternativa. Festival de Cinema Independent de Barcelona. Panorama.
2018. REC – Festival Internacional de Cinema de Tarragona. RECvolucions.
2018. OUFF – Ourense Film Festival. Sección Oficial. Mención especial do xurado a Mellor Película.
2019. Premios Mestre Mateo. Nominada a Mellor Documental.

SINOPSIS

Do personal ó político, as vivencias de mulleres diversas evidencian cuan masculinizada e violenta sigue sendo a rúa hoxe en día.
En tres conversacións reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca articular un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento.
Unha película radical e directa para pensar a sororidade como arma política.

EQUIPO TÉCNICO

Dirección: Xiana do Teixeiro
Fotografía: Belén Mendaña, Noemí Chantada, Xiana do Teixeiro
Son directo: Iria Otero, Leticia Fernández
Produción: Uxía de Buciños y Nóvoa, Xiana do Teixeiro
Walkie Talkie Films

Xiana do Teixeiro é a autora de Carretera de una sola dirección (Premio X Films Punto de Vista, 2015), Somos Plaga e Soy Muro (Soy Cámara, 2017-8) e la investigación artística Proyecto Diario (premio BCN Producció 2015). Tódalas mulleres que coñezo é a súa primeira longametraxe.


A película está no catálogo da distribuidora baixo demanda Screenly, o que significa que calquera colectivo pode montar a súa propia proxeción de cine.

CONTACTO: info@walkietalkiefilms.com // tfn. 667 081 281 / 607 50 68 44