10 fotografías de «Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol»

O 13 de xullo presentase «Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol» no Espaço Llansol de Lisboa - Compartimos 10 fotografías de «Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol», o día que se "escribiu" o libro

Xullo 2019 En maio de 2018,  dez mulleres reuníronse no Claustro da Catedral de Lugo para «danzar» os libros da escritora portuguesa Maria Gabriela Llansol. Unha lectura libre e improvisada, deixándose levar pola emoción que despertaba en cada unha delas …para danzar o que sentían.

Esa liberdade, esa improvisación, esa forma de escoller cada unha o fragmento a ler deu forma a un novo libro: «Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol», e de paso a unha nova editorial en Lugo: Ámboa …porque da arte, só poden saír cousas fermosas.

O 13 de xullo presentase «Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol» no  Espaço Llansol -a entidade que estuda, edita e coida do inmenso legado da escritora – . Será ás 17.00 horas no patio da Casa de Julho e Agosto (rúa Saraiva de Carbalho, 8, 1º), no barrio de Campo de Ourique, en Lisboa.

Todas as que danzaron o libro e as que o fixeron posible,  estarán na presentación en Lisboa baixo o nome 12 beguinas de Lugo, que o Espaço Llansol xenerosamente nos deu. Estas 12 beguinas de Lugo somos Cris Vilariño, Mariquiña Tereshkova, Beatriz Rodríguez-Morales, Iria Otero, Eva Valle, Ana Saavedra, Mar Freire, María Grandío, María Corral Fernández, Marta Castro, Nieves Neira e Olalla Caamaño. 

A presentación en Lugo será en setembro. Pendentes de ter máis info, compartimos as fotos daquela data histórica: maio 2018, claustro da catedral…