Outubro 2019 A colección San Froilán dos Devanceiros dedica o seu 16º libro ao fenómeno social e cultural que significou Barriga Verde, recollendo unha escolma de cen significados textos xornalísticos alusivos a Barriga Verde.

 A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con Xaime Iglesias González  no Vello Cárcere esta obra que obra, titulada»Barriga Verde na prensa Unha escolma de cen textos» ,resultado dun laborioso traballo de investigación. 

Maite Ferreiro  destacou a popularidade e a importancia de Barriga Verde para a lingua e cultura do noso país, “máxime nuns tempos en que as carencias eran moitas e a liberdade estaba coutada”. Maite Ferreiro destacou a vixencia de Barriga Verde, e a necesidade de poñelo en valor, defendelo e facelo visíbel, “vendo as protestas nalgunha das últimas representacións recreando a Barriga Verde”.