Maio 2019 O programa «Mulleres con Forza» trae dous concertos a non perder este comenzo de xuño: o de Sonia Lebedynski o domingo 02 ás 19:00 e o de Najla Shami o  venres 07 ás 20:30. Ambos no Vello Cárcere e con entrada de balde ata completar acabida.

Sonia Lebeynski

Ao longo de dez anos foi a voz de Fía na Roca e ten colaborado en múltiples proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Voces na Musa, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín, Sereas e participado nos traballos discográficos de Fía na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asoc. Galega de Gaiteiros Galegos, Brañas Folk, Enrique Paisal ou Sergio Tannus.

Ven a presentar o seu disco ‘Deserto de centos’, un disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira…

Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en ‘Deserto de centos’ colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.

Facebook 

Concerto de Sonia Lebedynski
Najla Shami  

“Ela Sabe A Sol” é o novo traballo discográfico da compositoria galego- palestina Najla Shami. Un álbum cheo de luz e feminidade no que a autora equilibra oriente e occidente ao longo dunha ducia de cancións orixinais.

O traballo nace após dunha estadía en Xordania e Palestina onde a
compositora conforma música e letra desta nova obra procurando a
converxencia dos múltiples elementos sanguíneos e musicais que
acompañan o seu imaxinario.

Unha proposta onde a autora, Najla reinventa o seu son da man do
productor e músico Pedro Pascual, acompañada por músicos da
Península Ibérica e de Oriente Medio e construíndo con lingua de sol unha ollada sobre o universo do renacemento feminino.

Facebook 

Concerto de Najla Shami
Mulleres con Forza