NOV 2017 A Gala da Moda que se celebrará o vindeiro 30 de novembro, a partir das 21:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo é de carácter solidario. Organizada pola Asociación de Creadores de Moda Lucenses, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo esta edición estará dedicada á figura da muller na arte, coincidindo co homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.

Na Gala da Moda, A Muller na Arte participan: Montse Arias, Sara Lage, Tina Corton, Manuela López e Epifanía Brand. Ademais, participarán varios artesáns e 16 modelos.

O aforo será de 500 persoas e as entradas terán un prezo de 15 euros.  Todos os fondos recadados irán destinados á Escola Shantidi (asociación que traballa en prol da igualdade para mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas e das mulleres que viven nos lugares menos desenvolvidos da India)

Os puntos de venda das entradas e horarios:

  • Montse Arias: na rúa San Froilán, nº44. O horario é de luns a sábados de 11:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas.
  • Tina Cortón: Praza de Santo Domingo, galerías Villamor. O horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 9:30 a 13:30 horas.
  • Manuela López: Galerías da Praza do Campo Castelo. O horario é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 10:00 a 13:30 horas.

» …dende o Goberno da Deputación apoiamos esta iniciativa co obxectivo de poñer en valor e promocionar o traballo que están realizando os deseñadores e artesáns da provincia no eido da moda, así como o labor dos perruqueiros, modelos e estilistas que participan no desfile”.
Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto

 “… orgullo por visibilizar o labor que realizan as mulleres a través deste desfile. Dende o Concello de Lugo sempre estaremos ao carón deste tipo de iniciativas que dinamizan económica, social e culturalmente a nosa cidade”.
Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto

 «…agradecer o intenso apoio da Deputación e do Concello de Lugo … e teremos o privilexio de que o desfile se celebre no Círculo das Artes, un dos entornos e espazos máis emblemáticos de Lugo”. Organizadora da gala Montserrat Arias Freire

O evento non sería posible sen a colaboración que prestan de xeito totalmente gratuíto e desinteresado varios colaboradores: Mikangels Model; Enigma Eventos; Ávalon Peluqueros; Mercedes Benz Ditram Automoción; Estrella Galicia; e Arenal.