Decembro 2019 A Zona de Lecer infantil da Praza de Abastos volverá abrir durante as festas, de luns a sábado entre as 10:30 e as 13:30 horas. A zona está orientada a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos, e terá unha limitación de 10 persoas. As inscricións realizaranse de xeito presencial na zona de lecer, asinando a autorización que entregarán os monitores. Ademais, durante a tarde do día 27 o Apalpador recibirá ás nenas e nenos que o desexen na Praza de Abastos.

 

As actividades comezarán xa o vindeiro xoves 19/12 cando a concellería de Benestar celebra o día dos Maiores no soto da Praza de Abastos contará cun Xantar de Nadal ás 14 horas e a partir das 16 horas, a actuación de varios grupos musicais, incluíndo ao grupo de pandereteiras da Escola Municipal de Música e a actuación humorística de Lois Pérez.

A partir do 23 de decembro, o Soto da Praza de Abastos contará con xogos tradicionais para nenas e nenos, organizados pola concellería de Xuventude, en horario de 17:00 a 19:00 de luns a venres, e de 11:00 a 13:00 os sábados. Cada día haberá 30 prazas, e será preciso anotarse no 010.

As actividades foron presentadas pola concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López