Outubro Un posto informativo do proxecto APEGO está durante todas as actividades do San Froilán Miúdo para que máis nenos en nenas podan inscribirse e así coñezan máis do noso idioma.

Maite Ferreiro indicou que “só na primeira fin de semana, aumentamos as inscricións ao proxecto nun 60%”, e engadiu “durante o resto das festas continuaremos a promocionar o proxecto Apego, e darémoslle peso dentro da programación cultural para nenos e nenas”.

Os obxectivos do programa Apego son, por unha banda, incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial e, por outra, promover que o usen de maneira habitual e que teñan espazos, situacións e recursos para facelo, polo que incluirá accións dirixidas ao ámbito familiar e social das crianzas ata os seis anos e cun método de continuidade que se irá enriquecendo en rede, coa colaboración de todos/as.

As persoas que desexen máis información ou sumarse á comunidade do Apego, pola vida e pola lingua, poden dirixirse ao posto informativo do San Froilán Miúdo ou ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Coa adhesión, regálase unha caixa de benvida con materiais de axuda para a transmisión do galego, apoio á crianza, etc. A partir da alta no programa, recibirán periodicamente información e propostas par que os seus fillos e fillas se acheguen á lingua e á cultura galegas con naturalidade desde as primeiras idades.

Fonte da foto: Gab. Com. Cultura Concello