114.000 persoas visitaron a Rede Museística de Lugo no 2018

– 114.000 persoas visitaron a Rede Museística da Deputación no 2018, un 3% máis que o ano anterior
–  Xullo e agosto rexistraron o maior número de visitas: xullo con 12.922 visitantes e agosto con 17.901en total
– En total, ofrecéronse 20 exposicións que recolleron obras de pintores como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribeira ou Rosales, na exposición da Colección Gil Varela, ou a mostra, De Picasso a Annish Kapur, que achegou obras de Picasso, Andy Warhol, ou Dalí

Xaneiro 2019 Momento de balance de visitas aos museos da Rede Museística Provincial da Deputación de Lugo e as cifras son as seguintes: 

– a rede rexistrou un aumento do 3% no número de visitas con respecto ao 2017 o que supón un crecemento de máis de 3.000 persoas ao longo de todo o ano.

– os meses do ano onde se rexistraron un maior número de visitas nos catro museos da Rede durante o 2018 foron xullo con 12.922 visitantes e agosto con 17.901en total. 

– Con respecto ao ano anterior o Museo San Paio de Narla aumentou nun 51%  o número de visitas e o Pazo de Tor nun 194% ambos os dous no mes de xuño. No caso do Museo Provincial do Mar foron os meses de febreiro e novembro onde se incrementaron os visitantes nun 17% e o Museo Provincial de Lugo conseguiu no mes de maio un 14% máis de visitas con respecto ao ano anterior. 

Estos datos contribuen a conseguir o doble obxectivo sinalado pola Deputada de Cultura, Pilar García Porto:  todas as actividades, visitas ou exposicións organizadas na rede perseguen o doble obxectivo de promover o patrimonio material e inmaterial ao tempo que fomentan o turismo cultural na provincia. 

Responsables da Rede Museísitica Provincial de Lugo en rolda de prensa