actividades-bico-de-grao
Setembro – Actividades en Bico de Grao: 
Obradoiro de iniciación á costura

Os martes 10,17,24 de setembro e 1, 8 e 15 de outubro de 17:00-19:00h

Imparte: Fixenöeu

Aportación: 60€ /curso completo cos materiais incluídos. É necesario traer máquina de coser. (Bico de Grao conta con dúas máquinas que serán prestadas en rigoroso orde de apuntamento)

Aprenderemos a usar a nosa máquina de coser dende as primeiras puntadas e facendo sinxelos proxectos que nos darán alas para coser sen parar.

Mercadiño de troco de verán

Mércores 18 de 17:00 a 20:00

De balde

O Banco de Tempo de Lugo e Bico de Grao propoñémosvos unha nova xornada de intercambio. Lembrade que podedes traer todo aquilo que non esteades a usar, que obviamente se atope en bo estado, e levar aquilo que precisedes. Pódense intercambiar todo tipo de produtos; roupa, libros, música, xogos, bonecos, accesorios, aparellos electrónicos… Calquera cousa que sexa susceptible de ser reempregada será benvida.

“O TROCO é unha revolución emerxente en tempos de crise. É un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro”

Para inscribirse nas actividades puntuais é necesario aboar como mínimo o 30% do importe total (se é o caso) no momento da inscrición, sempre e cando non se dea outra instrución.

actividades-bico-de-grao

ACTIVIDADES PERMANENTES

Ioga

Luns de 17:30 a 18:30h

Imparte Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Pilates, polas dúas actividades).

Só tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete respondendo a este correo ou en Bico de Grao.

Pilates

Xoves de 16:45 a 17:30h

Imparte: Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Ioga, polas dúas actividades).

É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete respondendo a este correo ou en Bico de Grao

Consultas: 982807935 ou en bicodegrao@gmail.com 

Bico de Grao – facebook – 

actividades-bico-de-grao