Outubro 2019 Distintos colectivos, asociacións e plataformas sociais, políticas, culturais e ecoloxistas danse cita na oitava edición do San Froilán Asociativo que terá lugar o sábado día 5 de Outubro na Praza de Santo Domingo (en caso de choiva nos soportais da Praza Maior) de 11:00 a 21:00.

Neste evento autorganizado entre os colectivos partícipes, presentaráse o traballo de cada un construído os 364 días restantes do ano e que son parte imprescindible do tecido social lucense.

Este non só é un evento de mostra, senón que esta unidade é tamén un indicador da boa saúde da que goza o tecido asociativo lucense, dende abaixo, dende os centros sociais autoxestionados, as asembleas ou as rúas; e onde compartimos unha serie de valores como o é a crenza na construcións dun mundo máis xusto e a necesidade de manter e mellorar os lazos comunitarios en tempos nos que impera o individualismo.

Ademais da presentación permanente dos diferentes colectivos de 10:00 a 21:00, haberá conta contos con Trécola ás 12:00, a performance satírica do “Festival Marca España” ás 19:30 e o concerto de Bouba Pandereteiras ás 20h.

Desde o San Froilán Asociativo animan á xente a apoiar á cultura local que fará presenza nas diferentes prazas da cidade con grupos musicais -e non musicais- locais, os máis vellos e os máis novos, que son parte imprescindible de calquera festa popular e que, como tal, reivindicamos; ademáis de dar o seu apoio explícito a aqueles grupos que algunha forza política reaccionaria quixo censurar nestas festas, como lle ocorreu, desta vez, ao grupo lucense Filophóbicas, con quen non nós cansaremos de festexar.

COLECTIVOS ASINANTES:

Banco de Tempo, Bolboretas Fiandeiras, Semente, Plataforma Stop Desafiuzamentos, Plataforma Feminista, Erguer, Briga, Galiza Nova, Mádia Leva, Adega, Translurpies, Pensa Lugo, Lugo Sen Mordazas, Isca Mocidade. Mocidade Pola Independência