Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Encontro aberto con Manuel Portas, autor de «Mazarelos»

27 de febrero - 17:00

Encontro aberto con Manuel Portas, autor de ‘Mazarelos’ o venres 27

O Club de Lectura Lugo Patrimonio e a Librería Trama convidan a un encontro aberto con Manuel Portas arredor do seu libro Mazarelos (Ed. Galaxia).

O encontro terá lugar na Librería Trama este venres, 27 de febreiro, ás 17:00h.

Sobre Mazarelos:

Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados preparando un revolucionario banquete de confraternidade con obreiros e artesáns que van celebrar en Conxo. Pola súa banda, Xosé López Amarante, director do instituto, vive obsesionado con que o edificio dos xesuítas, en Mazarelos, sexa todo el destinado ao ensino, evitando así as tensións que mantén cos habitantes que por caridade ocupan o terceiro andar, entre eles un carpinteiro e a súa filla, Candeloria, cos que ten enfrontamentos frecuentes. (Ed. Galaxia)

Detalles

  • Fecha: 27 de febrero
  • Hora:
    17:00
  • Categoría del Evento:

Local