Ruta de sendeirismo urbano polo Camiño Primitivo e o río Rato

Ruta de sendeirismo urbano polo Camiño Primitivo e o río Rato
O Centro de Convivencia Maruja Mallo organiza o vindeiro 14 de xullo unha nova ruta de sendeirismo urbano para fomentar hábitos de vida saudables e descubrir o patrimonio natural e histórico de Lugo.
A actividade comezará ás 18.30 horas e consistirá nun percorrido de 6 quilómetros polo Camiño Primitivo, a contorna do río Rato e regreso
ao Centro de Convivencia Maruja Mallo. A duración estimada da ruta será de 1 hora e 50 minutos.
A participación é de balde e sen necesidade de inscrición previa, polo que as persoas interesadas só terán que acudir ao punto de saída
á hora prevista.

