Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Rüdiger

21 de julio - 20:30

O Martes 21 de Xullo nos xardíns do Pazo San Marcos, ás 20:30, comeza o ciclo Experimenta co concerto de Rüdiger, dende Bera (Nafarroa) experimentando con paisaxes sonoras hipnóticas e lo-fi para fusionar a psicodelia atmosférica con texturas sintéticas vangardistas, explorando a melancolía e a introspección a través dunha produción minimalista pero intensamente inmersiva.

Rüdiger (Felix Buff) é un digno herdeiro da súa prolífica e inquieta escena musical. Non en balde, chegou a participar como batería en máis de 40 discos nun amplísimo espectro que inclúe a bandas como Willis Drummond, Duncan Dhu, Petit Fantôme, Botibol, Rafel Berrio, Joseba Irazoki eta Lagunak ou Atom Rhumba.

Con todo, foi o parón pola ditosa pandemia do COVID o que nos permitiu descubrir un novo artista chamado Rüdiger.

Nunha primeira aproximación mostra unha calidez acústica entre Neil Young e certo aire de bossa nova, aderezado á súa vez por unha psicodelia doce e arrulladora propia duns Woods. Con todo, a pesar de toda esta diversidade, ou se cadra, grazas a ela, as cancións de Rüdiger soan inconfundibles, redondas e sempre naturais.

https://linktr.ee/rudiger
@rudiger_music

CICLO EXPERIMENTA

🎵. @somosmatsu (Granada)
📍Capela de Santa María
📅Mércores, 22 de Xullo
🕣20:30 h

🎵 @gazellagazellagazella Gazella (Valencia)
📍xardíns do Pazo de San Marcos
📅Xoves, 23 de Xullo
🕣20:30h

Un ciclo promovido pola asociación cultural lucense Teleclube Lugo @teleclube co apoio da Vicepresidencia Deputación de Lugo. @vicedepulugo

Info completa e vídeos na nosa web: Música e audiovisual experimental en directo co Ciclo Experimenta 2026

Detalles

  • Fecha: 21 de julio
  • Hora:
    20:30
  • Categoría de Evento: