Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Matsu

22 de julio - 20:30

O Mércores 22 de Xullo na Capela de Santa María, ás 20:30, concerto de Matsu dentro do Ciclo Experimenta. De balde.

Matsu é un proxecto de música electrónica que nace da experimentación e exploración da música ambiental, e a súa conxugación coa electrónica de baile.

Este dúo con base de operacións en Granada, proponnos unha excursión musical que se cimenta na bondade, evocadores paisaxes sonoras e a experimentación coa electrónica de baile máis actual, intelixente, elegante e sutil. O orgánico e o melódico conflúen creando delicadas bandas sonoras. Melancolía e sugestión. Atmosferas e calidez. Música para bailar sen moverse do lugar.

Interesaranche se che gustan Hammock , Christian Löffler, Nils Frahm, Rival Consoles, Jon Hopkins, Boards Of Canada, Kiasmos, Bonobo, Pantha Du Prince ou Max Cooper.

Matsu demostran que se pode militar na resistencia musical desde a beleza e a honestidade; que hai vida máis aló dos algoritmos e que merece a pena facer o esforzo de manter os ollos abertos, e seguir en movemento cara a músicas mellores.

https://linktr.ee/somosmatsu
@somosmatsu

Ciclo Experimenta

🎵 @gazellagazellagazella Gazella (Valencia)
📍xardíns do Pazo de San Marcos
📅Xoves, 23 de Xullo
🕣20:30h

Un ciclo promovido pola asociación cultural lucense Teleclube Lugo @teleclube co apoio da Vicepresidencia Deputación de Lugo. @vicedepulugo

Info completa e vídeos na nosa web: Música e audiovisual experimental en directo co Ciclo Experimenta 2026

Detalles

  • Fecha: 22 de julio
  • Hora:
    20:30
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Capela de Santa María
  • Ronda da Muralla, 140
    Lugo, Lugo 27004
    + Google Map
  • Teléfono 982 21 00 66