MAR 2018 O I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia celebraráse en Lugo dentro das actividades programadas no Arde Lvcvs Cvltvral, e terá lugar ao longo do mes de abril no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) con algúns dos principais especialistas galegos en ilustración: Víctor Boullón, Tokio, Miguel Fernández, Tomás Guerrero, Pepe Carreiro e Manel Cráneo – coordinador artístico do evento –

Este encontro do noveno arte, da ilustración, está dirixido a todos os públicos, dende os máis cativos a maiores, e as persoas interesadas en participar xa se poden insciribir a través do 010 ou no 982297350 para as de fóra de Lugo. 

Promove:  Concello de Lugo,  o portal www.historiadegalicia.gal e Demo Editorial

PROGRAMA

Obradoiros do o 6 de abril ao 21

Sesións teóricas:   Manel Cráneo abordará o venres 6 de abril o Proceso técnico e creativo da banda deseñada histórica. Pepe Carreiro, o creador dos Bolecha, abordará o día 13 de abril o mundo dos Barbanzáns e a Cultura castrexa en banda deseñada e José Barreiro, o venres 20, Roma na banda deseñada. Todas as charlas comezarán ás 20.00 horas.

Obradoiros prácticos:  terán lugar o sábado 14 e o sábado 21. O primeiro para nenos e o segundo para adultos. Nestas sesións, os ilustradores Victor Boullón e o lucense Miguel Fernández ensinaránlle aos participantes a debuxar romanos e romanas e castrexas e castrexos. 

Roteiros con ilustradores en xuño:

Os seis ilustradores especializados en xénero histórico percorrerán o sábado 16 de xuño os puntos fundamentais do Arde Lvcvs e realizarán debuxos en directo situados en puntos estratéxicos da cidade e da festa. O obxectivo é tentar representar en banda deseñada o ambiente que tería a antiga Lucus Augusti a ravés da representación historiada que veciños e asociacións fan durante esta festa.

Posteriormente haberá unha xuntanza para que os autores poñan en común os seus traballos, valorar as ilustracións realizadas e proxectar a posible publicación dos traballos a través dunha viñeta historiada.