A edil da área de Xuventude, Ana González Abelleira, daba a coñecer os obradoiros municipais, para os que xa está aberto o prazo de inscrición.
As actividades non superan os 10 euros (excepto o de inglés) por semestre e outras moitas son gratuítas, nunha aposta decidida da área de Xuventude – destacou a súa responsable – por facer asequible e accesible a toda a sociedade esta programación, pensada para as e os máis novos, e co fin tamén de fomentar a súa participación.
González Abelleira avanzou que nas próximas semanas achegará importantes sorpresas coas que Xuventude pretende ampliar a oferta lúdica para as e os adolescentes da cidade, non só durante os fines de semana senón tamén en datas sinaladas como o Entroido, San Valentín e o Día da Muller, “propiciando a conciliación familiar, descartando o aburrimento e pulando por unha socialización xuvenil sa e enriquecedora”.
Para poder apuntarse ás mesmas as persoas interesadas deberán acudir á Casa da Xuventude onde tamén poderán obter máis datos sobre cada unha delas. A data máxima para facelo será o día anterior ao seu inicio no caso das de balde e ata o 7 de febreiro para as que haxa que abonar taxa”, referiu a edil ao tempo que lembrou que “continúan as asesorías xuvenís – tanto a xurídica (luns e mércores, de 19:30 a 21:00 horas) como a psicolóxica (martes e venres, de 18:00 a 20:00 horas) que o Concello ten en marcha no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra