Beethoven 2020
Beethoven 2020. Ilustración de I. Mouronte
Concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Rosanne Philippens na dirección e o violín. 
Sábado 15 de febreiro no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 horas e a partir das 17:30 a divulgadora Teresa Adrán falará sobre o programa do concerto en «Programa de antemán»
Entrada de balde para os estudantes do Conservatorio co carné de estudante do mesmo e os estudantes universitarios poden recoller a súa entrada gratis na Oficina de Cultura do Campus (edificio do Vicerreitorado a carón da Casa do Saber)
Cartel de Concerto Beethoven 2020 coa Orquestra Sinfónica de Vigo 430 e Rosanne Philippens

Continúa a programación da Sociedade Filarmónica de Lugo cun concerto centrado en obras de Beethoven a cargo da Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Rosanne Philippens na dirección e o violín. 

Sendo éste un ano especial ao celebrarse o 250 aniversario do artista – «Beethoven 2020» – é unha boa oportunidade para disfrutar da súa música: a Sinfonía nº 2 e o Concerto para violín en re M forman o programa.

Será o sábado 15 de febreiro no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 horas e a partir das 17:30 a divulgadora Teresa Adrán falará sobre o programa do concerto en «Programa de antemán» tamén no Círculo das Artes (Salón de columnas).

A entrada ao «Programa de antemán» é gratuita. A entrada ao concerto das 20:00 para o público en xeral, que non sexa socio da Filarmónica, pode adquirirse no Círculo das Artes, os estudantes do Conservatorio poden acceder libremente co carné de estudante do mesmo e os estudantes universitarios poden recoller a súa entrada na Oficina de Cultura do Campus (edificio do Vicerreitorado a carón da Casa do Saber) Para máis información poden dirixirse ao teléfono 982 230 805, ao mail filarmonicadelugo@gmail.com ou na Web www.filarmonicadelugo.com

 

Rosanne Philippens

Rosanne Philippens é unha comunicadora extraordinaria, cunha musicalidade innata e un enfoque contaxiosamente alegre pero sincero á hora de facer música. Ten unha gran presencia nos Países Baixos, onde actúa regularmente nas principais salas e ciclos como solista e músico de cámara. Tamén é unha gran directora e recentemente fixo o seu debut coa Orquestra Nacional de Lyon nunha actuación chea de éxito, coas Estacións de Vivaldi e Piazzolla, no Auditorio de Lyon, que recibiu os maiores eloxios.

Philippens tocou coa Sinfónica de Barcelona, a Orquestra do Ulster, a Sinfónica de Vancouver, a Sinfónica de Winnipeg e con orquestras de Alemaña, Finlandia e Suíza, con directores como Yannick Nézet-Séguin, Lawrence Foster, Otto Tausk, Jan-Willem de Vriend, Antony Hermus e Nicholas Collon.

En recitais e música de cámara, Philippens toca regularmente con artistas como István Vardai, Vilde Frang, Julien Quentin, Vikingúr Olafsson, Amihai Grosz, Camille Thomas e Zoltán Fejérvári en festivais e salas de toda Europa. Cree firmemente en romper as barreiras da música clásica, dirixe a súa propia serie de concertos The Amsterdam Salon Pop-Up, presentando concertos de alta calidade en lugares coidadosamente buscados e inusuais.

Grava exclusivamente para Channel Classics. Gañou o primeiro premio no Concurso Nacional de Violín Holandés en 2009 e no Concurso Internacional de Violín de Friburgo en 2014. Toca co Stradivarius “Barrere” de 1727, grazas ao xeneroso apoio da Fundación Elise Mathilde.