Actividades do mes de febreiro en Bico de Grao

As actividades do mes de febreiro en Bico de Grao son:

DEBUXO E PINTURA NON TÓXICOS

Os luns de 11:00 a 12:30 da mañá.

Imparte Gema López, artista lucense con galería propia. 

Achega de 35€ ao mes

Da man de Gema achegarémonos a tres das máis importantes técnicas plásticas non tóxicas; como son o carbonciño, a acuarela e o acrílico.

Dividiremos este curso en tres grandes bloques dedicando cada un deles a unha das técnicas pero tamén coa posibilidade de que sexa a/o alumna/o quen marque, cos seus coñecementos ou preferencias, o desenvolvemento da clase.

Apto para tódolos niveis de coñecemento en debuxo e pintura.

Prazo de inscrición aberto

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á COSTURA

Os martes 11, 18 e 25 de febreiro e os 3, 10 e 24 de marzo. De 17:00-19:00

Imparte: Fixenöeu

Achega 60€/curso completo cos materiais incluídos.

É necesario traer máquina de coser. (Bico de Grao conta con dúas máquinas que serán prestadas en rigoroso orde de apuntamento)

Aprenderemos a usar a nosa máquina de coser dende as primeiras puntadas e facendo sinxelos proxectos que nos darán alas para coser sen parar.

MERCADIÑO DE TROCO DE INVERNO

Mércores 12 de 17:00 a 20:00

De balde

O Banco de Tempo de Lugo e Bico de Grao propoñémosvos unha nova xornada de intercambio. Lembrade que podedes traer todo aquilo que non esteades a usar, que obviamente se atope en bo estado, e levar aquilo que precisedes. Pódense intercambiar todo tipo de produtos; roupa, libros, música, xogos, bonecos, accesorios, aparellos electrónicos… Calquera cousa que sexa susceptible de ser reempregada será benvida.

Unha vez finalizada a xornada de troco, poderás levar os obxectos que non foron intercambiados ou deixalos en Bico de Grao. En cuxo caso procederemos a doalos á asociación que estimemos oportuna.

“O TROCO é unha revolución emerxente en tempos de crise. É un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro”

XORNADA DE INTERCAMBIO DE SEMENTES

Mércores 19 de 17:00 a 20:00

De Balde

A Rede de Sementes de Lugo (iniciativa a prol da descentralización do control das sementes) xunto con Bico de Grao, preparamos unha nova sesión de intercambio.

É importante traer as sementes etiquetadas para unha mellor colleita. Pásate pola tenda na Ronda das Fontiñas 226 e troca sen parar sementes e esgallos.

Imos facer aproveitamento para preparar as sementeiras dos cultivos do verán.

MASTERCLASS COCIÑA SAUDABLE “VERDURAS”

Venres 28 de febreiro ás 18:30 a 20:00

Achega 20€

Imparte Noelia Ron. Experta en alimentación natural e holística, formación en macrobiótica, alimentación anticancerosa e obesidade infantil.

Coach nutricional de Bocadodevida 

As verduras deben formar parte importante da nosa alimentación, tanto é así, que as recomendacións son que a metade da nosa inxesta diaria sexa verdura e froita. Entón, como as cociñamos? Hai máis opcións que ensaladas no mundo das verduras?

Se lle queres sacar o maior proveito aos produtos da horta, se queres aprender que propiedades ten cada verdura e como beneficiarte delas, non deberas faltar a este marabilloso taller. Non só é buscar o mellor alimento senón tamén desfrutar no camiño.

Se estas interesada ou interesado en aprender con Noelia non dubides en inscribirte!

Faino antes do martes 25. Prazas limitadas

Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Para inscribirse en calquera das actividades que teñan custo, é obrigatorio o pago, de polo menos, do 30% do total do prezo no momento da reserva para que esta sexa efectiva


Bico de Grao S.Coop.Galega

Ronda das Fontiñas, baixo nº 226 – 27002 – Lugo

Telf. 982.807.935