Concerto de Woyza en Lugo

O vindeiro xoves 27/02 chega a Lugo a dúas veces gañadora dos Premios Martín Códax a mellor artista de músicas urbanas e hip-hop: Wöyza

Wöyza (Moaña 1984) leva máis de 10 anos na escena do hiphop soul viguesa sendo a súa máxima expoñente xa que non foi só pioneira en Galicia deste xénero senón que é unha recoñecida figura a nivel do estado español e en máis países de fala hispana.

Cunha media de 60-70 concertos anuais, é unha artista profundamente involucrada a nivel persoal cos temas sociais do mundo actual e, especialmente, na problemática da desigualdade de xénero. As súas letras sempre están cheas de significado, cun balance perfecto entre a orde e o caos, a súa alma é transparente e o público conecta enseguida con ela nos seus directos.

Ven a presentar o seu último traballo: «Tábula Rasa», que é unha triloxía en verso, que conta unha única historia, desde o lado máis escuro e perverso dunha relación de parella.

Concerto de WöYZA dentro do Lugo Cultural

27 de febreiro – 21:00 horas – Círculo das Artes – Entrada de balde ata completar cabida

Dentro do programa «Lubicán»