Os certames de Deseño Gráfico e Fotografía promovidos dende a área de Muller xa teñen gañadores. A gañadora do concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero foi para Ana Linares co traballo “A tua media laranxa…pola igualdade e o respecto” e no VIII certame de fotografia “revelando o machismo” o premio foi para Andrea Prado co traballo presentalo baixo o lema “Karte”
A concelleira de dita área, Ana Gonzalez Abelleira aproveitou para agradecer ao fotografo Adran Vázquez Rodríguez que se achegara no día de onte á Sala de Xuntas da Casa da Muller a formar parte do xurado no VIII certame de fotografia “revelando o machismo” e a María Esther Muñoz, directora da Escola de Arte Superior de Deseño “Ramon Falcon” ca que se contou como integrante do xurado no concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero
As premiadas dos concursos, promovidos dende a área de Muller para concienciar contra a violencia de xénero, obtiveron un premio de 600 euros.
Ambas obras seran empregadas como imaxe das futuras campañas que dende á area de Muller se leven a cabo, explicou a concelleira ao tempo que sinalou que “se valorou, específicamente que os deseños contribúan á prevención da violencia de xénero, especialmente nas persoas novas, destacando valores positivos como o bo trato na parella”.