Os anuncios que van fancendo desde o Fa Ce La Fest de Lugo son o máis parecido a ir comprando discos que non deben faltar na túa vida ou a esa emoción indescriptible que te sacude o corazón cando descubres un grupo.
Co cartel pechado, un está desexando que cheguen os días 14 ao 17 de maio de 2020 para gozar cos maiúsculos CHUCHO, CHRISTINA ROSENVINGE e PAULINE EN LA PLAYA, de pasado inmaculado e presente esplendoroso, referentes claros de moitos artistas e grupos do indie nacional.
Co cartel pechado, e a entrada comprada, un está desexando brincar ao ritmo de «un, dos, tres!» co directo de TERRIER, ALAVEDRA, ELVIS NEGRO e MUJERES ou co «one, two, three, go! de THE SCHIZOPHONICS (USA), IAN KAY (FRA), VIC GODARD & SUBWAY SECT (UK) e FROM ATOMIC (PT).
Co cartel pechado, e a entrada comprada, un está desexando que cheguen os días 14 ao 17 de maio para ver ás bandas locais onde teñen que estar, nun festival: INFRARROJA, GANCHO SANCHES, CONDUCTO COLOQUIO e BERTA FRANKLIN (xa veteranos do Facela e con máis festivais ás súas costas)
Sen olvidar ese artista ou grupo que vai ao Fa Ce La Fest e o peta meses despois. Recordemos os casos de Carolina Durante ou Cariño. Qué será este 2020? Todo apunta a SOLEÁ MORENTE.
Os DJs: Sergio Peck aka #AgostinhoDJ, #PV3000, o proxecto persoal de Emilio Horyaans e Pepe Prieto, director e presentador de Hotel Arizona.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte