Desfiles Arde Lucus 2020

O Arde Lvcvs Cvltvral arranca este sábado 19/09 coas seguintes actividades adaptadas ao novo escenario provocado pola Covid-19:

Sábado 19 setembro

GUARDIA PRETORIANA

Paseo – conferencia A Muralla de Lucus Augusti dende o punto de vista da arqueoloxía, a cargo do arqueólogo Roberto Bartolomé Abraira

Porta de Santiago

10 persoas*

Inscrición en xuventude@lugo.gal

Xoves 24 setembro

SALESIANI LUCI AUGUSTI

Paseo cultural sostible polo Camiño Primitivo

Miliario Praza de Armañá

17:00 horas

10 persoas*

Inscrición en xuventude@lugo.gal

Sábado 26 setembro

PAX ROMANA LUCUS

Concurso de debuxo infantil na rúa

Praza Maior

De 16:30 a 18:30 horas

Actividade aberta. Aforo limitado* (non máis dun grupo de 10 persoas xuntas)

Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox:

Sábado, 26 de setembro

Percorrido pola Muralla

Praza de Armañá

17:00 horas

10 persoas*

Inscrición en xuventude@lugo.gal

 

Sábado, 10 de outubro

Percorrido pola Ponte Romana e Termas Romanas

Praza de Armañá

17:00 horas

Inscrición en xuventude@lugo.gal

 

Sábado, 17 de outubro

Percorrido polo pasado romano do barrio do Carme

Praza de Armañá

17:00 horas

Inscrición en xuventude@lugo.gal

 

Sábado, 7 de novembro

Percorrido polas ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo

Praza de Armañá

17:00 horas

Inscrición en xuventude@lugo.gal

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, indicou na presentación do Arde Lvcvs Cvltvral, que dará comezo o 19 de setembro para acoller dende o mes de setembro ata decembro actividades de inspiración romana e castrexa que animarán á cidade ata o inicio da 20 edición de Arde Lvcvs. “Dende o Concello e as asociacións de recreación histórica do municipio traballamos nunha programación que anunciaremos mensualmente, lúdico cultural, aberta e gratuíta, o Arde Lvcvs Cvltvral, que arrincará o vindeiro sábado, sen esquecer que a primeira premisa debe ser o coidado da saúde dos que queiran participar” destacou a edil.