Desde o pasado 16 de setembro e ata o domingo 20 Lugo viviu o I Congreso de Turismo Experiencial e o Lugo Experience con máis de mil persoas de todo o mundo debatindo sobre as novas estratexias para reactivar e fortalecer o sector fronte á pandemia
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou no acto de clausura o éxito de acollida desta primeira edición do Congreso de Turismo Experiencial, que organizado por Experiencias del destino, xuntou a máis de mil persoas ao longo de tres días, nos que se abordaron temas cruciais para o desenvolvemento do turismo no novo escenario xurdido coa crise da Covid-19. As condicións sanitarias só permitiron que presencialmente participaran unhas 60 persoas, pero a través das novas tecnoloxías foi posible que xente de toda España e doutros países puideran seguir o congreso por streaming.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte