Voltan os concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo
A nova normativa da Xunta de Galicia referida aos aforos permíte retomar os concertos, ainda que coas localidades limitadas.
RESERVA DE LOCALIDADES
Para asistir aos concertos será preciso reservar as localidades. Compre reservalas dende 10 días antes de cada concerto até 48 horas antes do comezo do mesmo. A reserva poderá facerse por correo electrónico no enderezo: filarmonicadelugo@gmail.com ou chamando por teléfono ao número 982 230 805
Divertimento na volta da Sociedade Filarmónica de Lugo

Concerto 1700

Daniel Pinteño, dirección

Programa: Divertimento, os tríos de corda no tempo de Gaetano Brunetti

Gaetano Brunetti (ca.1744-1798) Divertimento en sol maior L136*

Gaetano Brunetti – Divertimento en mi bemol maior L130*

Joseph Haydn (1732-1809) Divertimento en si bemol maior Hob. V: 8

Gaetano Brunetti – Divertimento en re menor L127*

Gaetano Brunetti – Divertimento en la maior L140*

Luigi Boccherini (1743-1809) Trio en re maior No. 4 Op. 14


CONCERTO 1700
Daniel Pinteño | violín e director artístico
Isabel Juárez | viola
Ester Domingo | violonchelo

Fundado en 2015 polo violinista Daniel Pinteño, esta formación nace coa intención de interpretar obras que abranguen dende a etapa máis temperá do Barroco ata os primeiros escintileos do Romanticismo dunha maneira historicamente informada. Pese á súa curta idade, Concerto 1700 gañou un posto nos grandes circuítos grazas ao seu virtuosismo e fantasía tímbrica que a crítica eloxiou en varias ocasións. Destaca o labor de recuperación do patrimonio musical esquecido, en especial de compositores e mestres de capela españois do século XVIII. Autores que, por un motivo ou outro, quedaron relegados na sombra do esquecemento, son agora rescatados e interpretados por este grupo respectando os canons musicais propios do seu momento.

Foron finalistas como Mellor Grupo Xove nos Premios GEMA 2015 e 2016, sendo galardoados recentemente co Premio Circuítos FestClásica 2017 na categoría Música Antiga. Actuaron con grande éxito nos festivais máis importantes do ámbito nacional como a Quincena Musical de San Sebastián, Festival Internacional de Santander, Otoño Musical Soriano, Festival de Música Española de Cádiz, Festival de Música Antigua de Aranjuez, Festival de Música Antigua de Sevilla, entre outros.

En 2020 publican o seu segundo álbum Italy in Spain: Violin Sonatas in late 18th-century Madrid con obras para violín recuperadas da Biblioteca Nacional de España cunha marabillosa acollida por parte do público e da crítica.

Daniel Pinteño

Considerado pola crítica como unha das figuras emerxentes con máis proxección dentro do panorama historicista español, Daniel Pinteño nace en Málaga, comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Murcia da man de Emilio Fenoy, finalizándoos posteriormente con Juan Luis Gallego no Conservatorio Superior de Música de Aragón.

Posteriormente trasládase a Alemaña onde prosegue os seus estudos de perfeccionamento co profesor Nachum Erlich, na Staatliche Hochschule für Musik Karlsruhe. Dende o ano 2010 orienta o seu labor musical á interpretación do repertorio comprendido entre os albores da música para violín do século XVI ata a linguaxe romántica de mediados do século XIX con criterios histórico-estilísticos. Para iso, comeza os seus estudos de Musicoloxía na Universidade da Rioxa mentres paralelamente participa en clases maxistrais con músicos do ámbito historicista como Enrico Onofri, Anton Steck, Hiro Kurosaki, Catherine Manson, Enrico Gatti, Sirka-Lisa KaakinenPilch, Margaret Faultless, Jaap Ter Linden, etc.

Estuda violín barroco no Conservatoire à rayonnement régional de Toulouse (Francia) co violinista suízo Gilles Colliard, así como no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid cos profesores Hiro Kurosaki.

Actualmente, desenvolve o seu labor artístico liderando Concerto 1700 así como colaborando con diferentes formacións orquestrais e de música de cámara historicistas europeas como Forma Antiqva, La Ritirata, L’Arpeggiata, Al Ayre Español, Haydn Sinfonietta Wien, Nereydas e Tiento Nuovo, entre outras. Tamén adoita ser invitado a dirixir ensembles especializados na interpretación histórica en América, Europa e Oceanía.