A Casa da Música reabre as súas portas, logo do parón propiciado pola pandemia. A área de Xuventude pon, de novo, a disposición das e dos lucenses, estas instalacións municipais nas que levan a cabo os seus ensaios ao redor de medio cento agrupacións locais.
O Concello elaborou un decálogo coas normas de utilización que permanecerán vixentes e que se basean, fundamentalmente, na aplicación de pautas de profilaxe xa coñecidas.
1.- Mantemento da distancia de seguridade de polo menos 1,5 m., establecida polo RD Lei 21/2020 do 9 de xuño e uso obrigatorio da máscara, así como hixiene adecuada en espazos cerrados aínda que se manteña e se garanta esta separación interpersoal.
2.- Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico á entrada e saída da Casa da Música; así como recomendación de lavar as mans con auga e xabón.
3.- Ventilación do espazo: a porta de entrada debe estar aberta.
4.- Realización só dos desprazamentos estritamente necesarios polo centro. Utilización do espazo asinado para ensaiar. En cada espazo non pode haber máis de 4 persoas (aínda que, tal e como establece para Lugo o DOG do 3 de decembro de 2020, o número das persoas por grupo poderase modificar en función das circunstancias sanitarias). Se o grupo supera este número terán que facer grupos burbulla de 4 persoas, ata un máximo de 16 persoas na instalación. Evitaranse xestos que supoñan contacto físico.
5.- A duración dos ensaios será de dúas horas un día a semana, podendo ampliar os días en caso de que haxa dispoñibilidade.
6.- Entre ensaio e ensaio deberá pasar polo menos un tempo prudencial de media hora sen actividade e ventilar adecuadamente o espazo.
7.- Non se poderá ensaiar, de momento, con instrumentos de vento.
8.- Non se poderán utilizar as salas de ensaio, nin sacar materiais das mesmas. Cada grupo debe levar os instrumentos que necesite.
9.- O horario da Casa da Música será de martes as venres de 17:00 a 22:00 horas.
10.- Asignaranse espazos aos grupos que están inscritos na Casa da Música, e se houbera espazos libres, pódense solicitar no teléfono 982.29.72.69 ou 982.29.74.96 ou a través do correo electrónico xuventude@lugo.gal.
11.- Non poderán acudir á Casa da Música persoas que presenten síntomas compatibles con COVID-19, estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19 ou se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Dende a área de Xuventude sinalan que todas estas medidas son susceptibles de cambio segundo as normas sanitarias que se atopen vixentes en cada momento.