A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con representantes da Mesa Pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, Cántigas e Frores, Madia Leva!, Semente Lugo e Troupelear as actividades culturais do Nadal 2020. Maite Ferreiro explicou que “estas actividades están pensadas seguindo as pautas da cultura segura que levamos executando desde o inicio da crise sanitaria”.
A área de Cultura achegará o Nadal a distintos puntos da cidade, con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, na Praza de Abastos, no Vello Cárcere e espectáculos de rúa en distintas zonas da cidade, entre as que se atopan actuacións musicais, pasarrúas, obradoiros e contacontos. “O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra” indicou Maite Ferreiro, que e engadiu “este ano decidimos colaborar por segunda vez consecutiva cos colectivos de Lugo, que levan moito tempo facendo a benvida ao Apalpador, que xa é unha cita importante do Nadal en Lugo”.
Gustavo Freire
A programación do Gustavo Freire comezará o sábado 19 de decembro, coa III Festa de Benvida ao Apalpador, que contará coas actuacións de A Volta do Agro, Cántigas e Frores e Troupelear. O martes 22, Producións Dispersas traerá Tódalas Marabillas do Mundo, e o mércores 23, Tropa de Trapo presentará o espectáculo 4 monos. O sábado 26 poderá desfrutarse de Pakolas co espectáculo Cores, Contos e Rock’n Roll, e o domingo 27 Assircopatas interpretará Rogelio, un paiaso en recuperación. De cara á última semana do ano poderá desfrutarse de Clownbatientes, de Imaginart, o día 29, e Fartura de Nadal, de Rilo&Penadique o día 30.
Todas as actividades comezarán ás 18:30, e serán de entrada gratuíta que deberá retirarse previamente no portal entradaslugo.es
MIHL e Praza de Abastos
Os días 22, 23, 28, 29, 30 de decembro, terán lugar os obradoiros para público familiar Adornamos o MIHL, Feliz Nadal, e Artesanía de Nadal, entre as 10:30 e as 13:30h, que se complementarán os días 26 e 27 co espectáculo Un Nadal curioso: As Saturnalias, que terá lugar entre as 17:00 e as 19:00.
O 4 de xaneiro realizarase un obradoiro de arte urbana, que terá unha cabida de 10 mozas e mozos maiores de 12 anos.
O domingo 20 de decembro terá lugar unha dobre función de Queres que cho conte?, de Paloma Lugilde Producións, ás 12h no MIHL e ás 18h na Praza de Abastos, con entrada gratuíta, que deberá retirarse na web entradaslugo.es.
Para os obradoiros é preciso reservar praza, chamando ao MIHL no 982 297 446 ou no correo mihlmuseolugo@gmail.com.
Vello Cárcere
Os días 26, 28 e 30 de decembro, e 2, 3, 4 e 5 de Xaneiro, o Vello Cárcere realizará obradoiros de panxoliñas, cunha cabida de 10 nenas e nenos en cada unha das dúas sesións diarias, 11:00 a 12:00 e 12:15 a 13:15.
O 26 de decembro e o 2 de xaneiro realizarase un contacontos de Nadal baixo o título Babar e Papá Noel. Terá lugar entre as 11:30 e as 12:30 para nenas e nenos de 3 a 5 anos, e de 18:30 a 19:00 para nenas e nenos de 6 a 8, que terá unha cabida de 6 nenas e nenos por sesión.
O domingo 27, organizarase o obradoiro Organicemos un boneco de neve!, destinado a nenas e nenos de 6 a 8 anos, cunha cabida de 6 nenas e nenos.
O domingo 3 de xaneiro, entre as 11:30 e as 12:30, terá lugar o obradoiro Facemos Galletiñas!, destinado a nenas e nenos de 3 a 5 anos, e cunha cabida máxima de 6 nenas e nenos por sesión.
Todas as actividades precisarán de reserva de praza previa no teléfono do Vello Cárcere, 982 297 195, ou no correo vellocarcere@concellodelugo.org.
Espectáculos de rúa
O 19 de decembro, entre as 17 e as 18:30, a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua en colaboración cos colectivos A Volta do Agro, Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, Cántigas e Frores, Madia Leva!, Semente Lugo e Troupelear, organizan dous pasarrúas de Benvida ao Apalpador. O primeiro comezará no Recinto Histórico, pasando pola avenida da Coruña e rematando no Auditorio Gustavo Freire, mentres que o segundo comezará na praza da Milagrosa e rematará no Auditorio Gustavo Freire.
Os días 24 e 31, a partir das 12h, Troula Animación percorrerá as rúas do recinto histórico co espectáculo O Son do Nadal