Paco Cerdeira, mais coñecido como Pakolas entre o público infantil, segue levando o seu rock a mais recunchos de Galicia. Neste mes de Nadal segue coa súa xira de presentación encadrada nas actividades para público infantil e familiar, nunha das datas mais sinaladas para a cativada. Chega a Lugo este sábado 26/12 ás 18:30 no Auditorio Municipal Gustavo Freire con entradas de balde en entradaslugo.es
Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, é músico e compositor, cunha longa traxectoria neste eido profesional, sumando mais de 15 anos en diferentes bandas de música infantís (*) . Defínese como rockeiro e guitarreiro, creando música para tódolos públicos, dende os mais miúdos ata familias ao completo, “música para todos e todas e letras axeitadas aos mais cativos e cativas”. Despois da edición de “Pakolas” no ano
2017, e da formidable acollida por parte do público, agotando a súa primeira impresión en tan só 9 meses, chega “Ramona Órbita. A dona do Tempo”, o seu segundo librocd en solitario, da man da Editorial Galaxia (Sonárbore)
«Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.»