Novo curso básico de fotografía da área de cultura da USC Lugo

A Área de Cultura da USC ofrece no Campus de Lugo unha nova edición do curso de fotografía social e de rúa impartida por Marcos Loopez e Adra Pallón. As sesións formativas deste programa cultural, que está estruturado en 25 horas de duración, desenvolveranse desde o 19 de febreiro ata o 30 de abril de 2021 de xeito presencial ou, de non ser posible, de forma telemática. A inscrición permanece aberta nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo (tf: 982 821 510 / 982 821 513 – e-mail: cultura.lugo@usc.es.)

Baixo a premisa de “a facer fotos apréndese… facendo fotos”, Loopez e Pallón presentará ao alumnado participantes os coñecementos teóricos imprescindibles para logo practicar a fotografía na rúa. Inspirándose nos grandes fotógrafos e fotógrafas de rúa e sociais da historia, a metodoloxía do curso impartido por Loopez e Pallón contempla a visualización de cartafois, fotolibros e vídeos sobre fotografía.

As distintas sesións formativas desenvolveranse en quenda de tarde no auditorio da Casa do Saber de Lugo, escenario no que Loopez e Pallón afondarán sobre conceptos básicos e prácticos sobre ISO, diafragma, profundidade de campo, velocidade de obturación, exposición, enfoque, modos de medición manuais e con opción automáticas, composición…