Nova expo no MIHL - Non despaletizar ata destino

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou na inauguración da exposición Non despaletizar ata destino, organizada polas artistas plásticas locais KutxylloNoemí Núñez, Pia Piadosa e Yoe33, e que conta coa instalación multimedia de Robocity e Caskabel, integrantes do Colectivo Ruído.

O proxecto xorde da unión formada polas diferentes artistas plásticas que traballan distintas técnicas, formatos e estilos, coma o graffiti, a pintura e a ilustración entre outros. Para este proxecto, compartiron un mesmo espazo de creación, unindo os seus estilos para conseguir a creación a gran escala dunha obra conxunta conmposta por fragmentos de obras independentes realizadas expresamente para o MIHL.

As artistas utilizaron na medida do posíbel material desbotados para a realización desta exposición, intentando non xerar novos residuos. A iniciativa nace da necesidade das artistas de crear sen que a escaseza de recursos materiais as limite e á súa vez tomar presenza nos espazos expositivos da cidade. A exposición poderá visitarse no MIHL entre o 12 de marzo e o 11 de xuño.

FOTOS: IVÁN MOURONTE