Grandes intérpretes de música «clásica» nacional e internacional reuniranse no Festival de Música Cidade de Lugo – XLVIII Semana da Música do Corpus. Do sábado 22 de maio ao 5 de xuño, a cidade acolle un dos festivais de música máis antigos e recoñecidos do país.
Javier Perianes, La Ritirata, Raquel Andueza e La Galanía, Praeteritum Ensemble ou o portuguese Ludovice Ensemble serán os principais protagonistas da edición deste ano, xunto con orquestras e grupos galegos. Serán 8 concertos que conforman un programa heteroxéneo, que abrangue 5 séculos de música e cuxas premisas básicas son a calidade e a variedade.
Programación XLVIII edición da Semana de Música do Corpus
Sábado 22 de maio ás 20:00, Birthday Party, de Raquel Andueza & La Galanía
Domingo 23 de maio ás 19:00, Ravel, Respighi e Rodrigo, coa Orquestra Gaos, con Fernando L. Briones á dirección
Mércores 26 de maio ás 20:00, Amor e Morte (pezas de Beethoven, Chopin, Granados e Liszt), con Kavier Perianes ao Piano
Xoves 27 de maio ás 20:00, Morte e Resurrección (pezas de R. Strauss & A. Schönberg), co Ensemble Praeteritum
Sábado 29 de maio ás 20:00, Antonio Caldara e o Violonchelo, interpretado por La Ritirata con Beatriz Oleaga Mancini (mezzo), Eugenia Boix (soprano) e Josetxu Obregón á dirección e violonchelo
Xoves 2 de xuño ás 20:00, Stabat Mater de Bocherini, interpretado polo Cuarteto Alicerce, con Rosana Orsini e Marco Brescia
Venres 3 de xuño ás 20:00, A música portuguesa no tempo de Magallanes, co Ludovice Ensemble de Portugal, dirixido por Fernando Miguel Jáloto
Domingo 5 de xuño ás 20:00, Herschel, Hoffmeister & Haydn interpretados pola orquestra sinfónica Vigo 430, con Marie Chilemme á viola e Isabel Rubio na dirección
A entrada aos concertos será gratuíta, mais será preciso reservar entrada no portal web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo até 3 horas antes do comezo do concerto.
O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo coa colaboración da Sociedade Filharmónica de Lugo.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou esta na presentación da XLVIII edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 22 de maio e o 5 de xuño. A edil de Cultura destacou “a paixón pola música que demostran ano tras ano as veciñas e veciñas de Lugo”. A edil de Cultura explicou que “este ano contaremos con 8 concertos, que incluirán a artistas e propostas musicais de prestixio internacional”.
“Desde a área de Cultura do Concello de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza de Lugo poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo”, explicou Maite Ferreiro.