Recollemos neste artigo as programacións de actividades que temos a día de hoxe polo Día do Orgullo en Lugo.
A área de Muller e Igualdade do concello programa 5 días de actividades lúdicas, de sensibilización e de reivindicación a través da danza, música, cine, contacontos, unha exposición gráfica e unha mesa redonda, entre outras accións.
Programa:
24 de xuño, ás 18.00 horas, nos xardíns da Muralla (Entre a Porta de San Fernando e a Porta Nova) cun arranxo floral composto por flores de tempada das 6 cores que conforman a bandeira LGTBIQA+.
O venres, de 17:30h a 19:30h, realizarase un obradoiro no que se ofrecerán diferentes técnicas para a elaboración de deseños e consignas contra a LGTBIFOBIA. Todas as propostas fomentarán a parte máis creativa das persoas participantes dun xeito dinámico e todos os asistentes recibirán un lote individual de materiais.
Ás 20.30 o colectivo Agrocuir da Ulloa dará o pregón na carpa instalada na explanada do Pavillón Municipal e seguidamente os asistentes gozarán dunha sesión musical con DJ Frisco e Marcos Peón.
O sábado, 26 de xuño, ás 18:00 horas, o Colectivo ALAS de Lugo coordinará a mesa redonda, ‘A importancia da educación e tolerancia LGTBI no ensino’ na que participarán os psicólogos Noelia Pastor Peño e Adrián Rodríguez López ademais de membros de ALAS. Ás 19:30h proxectarase o documental, Noite Irisada, un relato da loita dos colectivos LGTBI en Galicia, que foi nomeado aos Premios Mestre Mateo do ano 2020 e está dirixido pola viguesa Bea Vázquez Campaña.
O domingo, inaugurase a exposición ‘Universos Diversos’, da ilustradora Laura Tova, coordinada por aQde, que reúne unha serie de obras que tratan como tema central a liberdade de ser, facendo esta alegoría a través do protagonismo das personaxes fusionando as mesmas sempre con elementos naturais. En total serán 10 obras, das que 3 son pezas cerámicas. Ás 12.30h os máis pequenos poderán gozar dun espectáculo infantil, sobre a diversidade ‘Os contos da tía Ramira’, guiado por Raquel Cendán. E xa en sesión de tarde ás 20.30h Las Antonias protagonizarán un concerto ‘ao ritmo dunha escena de risa obscena’.
Para finalizar a completa programación, o luns terá lugar un acto institucional diante da Casa Consistorial, presidido polo Alcaldesa de Lugo, que inclúe a lectura dun manifesto, o izado da bandeira e finalizará cunha solta de globos biodegradables.
Ademáis: I Maratón de fotografía, coincidirá coa celebración da programación. As fotografías presentadas terán que ser realizadas durante a celebración das distintas actividades que compoñen a programación de dita conmemoración.
Adxuntamos en formato cartaz a programación que propón o colectivo Avante LGBT+ Lugo:
Ademáis: a área de Participación e servizos para a Veciñanza organiza unha serie de actividades no Cemiterio Municipal e nos Mercados para celebrar o día do Orgullo LGBT. Cristina López explicou que “realizaremos unha acción simbólica nas instalacións do cemiterio para lembrar a todas as persoas que en vida tiveron que ocultar a súa orientación sexual”.
Os distintos postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal entregarán material promocional con temática LGBT a todas as persoas que se acheguen a realizar as súas compras en ambas instalación municipais.
Programa no Museo:
Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, que terá lugar o vindeiro luns, día 28, o Colectivo Agrocuir da Ulloa e a Cooperativa Indaga, xunto coa Vicepresidencia da Deputación, a través da Rede Museística Provincial de Lugo, presentan o programa para celebrar nesta efeméride de acordo ao seguinte:
PROGRAMA DE ACTOS
17:15h.-Luns, 28 de xuño de 2021. No xardín do Museo Provincial de Lugo.
-Presentación das Unidades Didácticas ‘Diversigualdade’.
-Caderno alumnando 2º ciclo Infantil e 1º e 2º de Primaria
-Caderno alumnado 3º, 4º de ESO e Bacharelato
-Caderno alumnando de 3º a 6º de primearia e 1º e 2º de ESO
-Caderno do profesorado
-Caderno para familias
-Presentación do Mapa sonoro da memoria do colectivo LGTBIQA+ Facémonos escoitar?
-Inauguración da exposición Lugo Diversx. Lugar: Xardín e adro do Museo Provincial.
-Presentación da programación de exposicións LGTBIQA+ pola provincia de Lugo.
-Museo Provincial de Lugo (do 28 de xuño ao 4 de xullo)
-Monterroso (do 5 ao 11 de xullo)
-Museo Pazo de Tor (do 12 ao 18 de xullo)
-Museo Fortaleza San Paio de Narla (do 19 ao 25 dde xullo)
-Museo Provincial do Mar (do 26 de xullo ao 1 de agosto)
18:30h.-Roteiro por Lugo cidade.
21:00h.-Proxección do documental ‘Persoas S. A.’, de Carmen PG Granxeiro