Novas visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme, co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural desta zona da cidade, pola que discorren, ademais, o Camiño Primitivo de Santiago e a Vía Romana XIX.

Terán lugar os xoves, venres e sábado, contarán con 20 prazas dispoñibles en cada quenda:

26, 27 e 28 de agosto ás 18:00 horas.

2, 3 e 4 de setembro ás 18:00 horas.

9, 10 e 11 de setembro ás 18:00 horas.

16, 17 e 18 de setembro ás 18:00 horas.

23 e 24 de setembro ás 18:00 horas e 25 de setembro ás 12:00 horas e ás 18:00 horas.

30 de setembro e 1 de outubro ás 18:00 horas e sábado 2 de outubro ás 12:00 horas e ás 18:00 horas.

Os interesados deberán formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico á dirección dusilugo@lugo.gal indicando o seu nome e un teléfono ou e-mail de contacto, a través do que se lles confirmará a dispoñibilidade para o día e hora solicitada.

Fonte da foto: Gab. Com. Concello

Os xacementos atopados se corresponden con diferentes etapas históricas, estando o principal vencellado a unha edificación romana. Dela exhumáronse varios muros que conforman unha estrutura rectangular, aínda sen definir totalmente, pero na que se aprecia un ambiente de servizo focalizado pola presenza dunha cociña que, ao mesmo tempo, relacionábase con outra estancia ou habitación cuxa funcionalidade pode ser diversa: almacén ou espazo produtivo.

A partir dos resultados destas catas, é posible percibir como se vai definindo unha construción que estaría na zona periurbana da cidade e o estudo da súa planimetría e funcionalidade axudarán a clarificar novos datos sobre esta zona, estando esta delimitada pola vía XIX que no seu trazado conforma o decumanos da cidade.

Ademais, dende a páxina web municipal www.concellodelugo.gal é posible acceder ao Catálogo Arqueolóxico Lvcvs Avgvsti https://arqueolucus.gal/catalogo/gl_index.html no que se atopan recollidos os principais materiais arqueolóxicos do Lugo romano, combinando información textual cos modelos en 3D das pezas arqueolóxicas dixitalizadas.