En camiño contra as violencias

Artigo en actualización 

A día de hoxe, mércores 24/11, as actividades programadas en Lugo polo 25N son:

ACTIVIDADES 25 N – LUGO – I

Promovidas por: Deputación de Lugo

Campaña Quéremonos Vivas, Libres e Iguais que lanza a Deputación de Lugo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A campaña comeza o vindeiro martes, 23 de novembro, ás 19:00 horas, coa I Xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais, que acollerá o Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Neste encontro participará Maite Egoscozabal, do Club Malas Madres, que intervirá de maneira telemática para abordar os roles de xénero e a violencia machista. Tamén participará de maneira presencial a xurista lucense Paula Fraga. 

Esta xornada está aberta a toda a cidadanía interesada en participar, aínda que por motivos de aforo é preciso facer reserva de praza chamando ao 982 26 00 00, ou a través do correo electrónico protocolo@deputacionlugo.org indicando nome, apelidos e número de DNI.

Ademais, a xornada retransmitirase por streaming a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación, facilitando deste xeito que chegue ao maior número posible de persoas, independentemente do lugar no que se atopen.

A campaña continúa o xoves, 25 de novembro, celebrarase a quinta edición da andaina reivindicativa En Camiño contra as Violencias. A andaina partirá ás 11:30 horas do Centro de Formación Audiovisual, situado na rúa Frei Plácido Rei Lemos, e percorrerá as principais rúas do centro de Lugo ata rematar na Praza de San Marcos. 

Na Praza de San Marcos, a partir das 12.00 horas, celebrarase un encontro interxeracional contra as violencias machistas. Participará un grupo de usuarios e usuarias do Centro de Atención a Maiores da Deputación de Lugo na Fonsagrada, e nenos e nenas do CEIP de Xermade. 

Esta campaña inclúe a proxección na fachada do Pazo de San Marcos do videomapping A provincia de Lugo contra as violencias machistas. Tamén depende de ti os días 25, 26 e 27 de novembro, entre as 18.00 e as 21.30 horas. Incluirá vídeos e fotografías de persoas da provincia lanzando mensaxes firmes e claras contra a violencia contra as mulleres.

ACTIVIDADES 25 N – LUGO II 

Promovidas por: Concellería Muller e Igualdade

Instalación na Praza Maior dun teito de paraugas flotantes morados e negros, e teas negras e outros simbolismos colocados nas entradas da Praza de Abastos, do Parque de Rosalía de Castro e do Parque da Milagrosa

O 25 de novembro terá lugar unha ofenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia machista ás 17:30 horas na praza de Santo Domingo, onde se lerá un manifesto, a cargo de Rosa Arcos Caamaño. No acto tamén actuará o coro ‘Cantar Delas’.

Ás 18:30 horas, o Auditorio de O Vello Cárcere acollerá a mesa de diálogo “Violencia de xénero dixital: as sombras tras a luz da pantalla”, moderada por Dolores Varela Salgueiro, do Foro Feminista de Lugo e na que participarán: Encarni Iglesias Pereira, Presidenta da Asociación STOP! Violencia de Género Digital; Santiago Martínez Pardo, membro do grupo de Investigadores Doctorais da Universidade de Vigo, no programa de Xestión e Resolución de Conflictos, Menores, Familia e Xustiza Terapéutica; Rebeca Pilar Díaz Redondo, investigadora da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVIGO, e María Murnao, máis coñecida como Feminista Ilustrada, unha influencer española que conta con máis dun millón de seguidores en redes sociais.

ACTIVIDADES 25 N – LUGO III

Concentración:

ACTIVIDADES 25 N – LUGO IV

Promovidas por: Vicepresidencia Deputación de Lugo

Propostas culturais desde o feminismo