Nova edición de “Fotografía a cegas. A ollada sensible”
En marcha unha nova edición do proxecto “Fotografía a cegas. A ollada sensible”, que propón adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial abrindo así este campo creativo a persoas con diversos graos de discapacidade visual.
Promovido pola Rede Museística Provincial de Lugo, «Fotgrafiando a cegas» consta de diferentes talleres e exercicios, as persoas participantes adquirirán distintos mecanismos e coñecementos para crear un álbum persoal. Desta maneira convídase aos participantes a que tomen as ferramentas e recursos fotográficos dunha forma cotiá e natural, buscando na actividade da fotografía unha opción para desenvolver a súa creatividade, motivar a inquietude artística e afianzar recursos profesionais, en definitiva unha actividade que se rexe pola máxima de eliminación de barreiras fomentando a igualdade de oportunidades.
Os artistas que participarán nesta quinta edición do proxecto, comisariado por Encarna Lago e Iago Eireos, son Cris Vilariño da asociación 3 Monos, que impartirá un taller de expresión corporal; Ledicia Bellón, que dirixirá o taller “Movemento son e tempo”; Vane Rivas e Andres Haensel, que impartirán o obradoiro “A fotografía dende a percepción e música”; e Carmen Porteiro, que coordinará o taller “Sentir a fotografía”. Ademais, o proxecto quedará rexistrado nunha curta documental dirixida por Henrique Lamas.
CÓMO PARTICIPAR
As persoas interesadas en participar nos obradoiros e realizar así o seu proxecto fotográfico poden contactar por teléfono con calquera catro museos da Rede – Museo de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza de San Paio de Narla – ou escribir ao enderezo electrónico: comunidadermpl@gmail.com