Ademáis de escalada, monólogos e sendeirismo, a área de Xuventude do concello propón para este Nadal dous grandes concertos.
O primeiro o día 22 cos Dj’s Xavibo e Marc Seguí, no Parking do Seminario, de 18:00 a 20:00 horas, (venda de pases en https://entradaslugo.es/) e o Ciclo Colusión que se celebrará o sábado 8 de xaneiro na Casa da Música, entre as 19:30 e as 22:30 horas, coas actuacións de CRNDS, Inma Veiga, Grima e Raquel Álvarez. As persoas interesadas en apuntarse poden inscribirse na Casa da Xuventude en http://formulario.xuventudelugo.gal/ ou a través do teléfono 982.29.74.44.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte