A sala de cerámica e vidro do Museo de Lugo actualizase
O Museo de Lugo convida a visitar a sala de cerámica e vidro, máis didáctica e visual tras completarse actualización das vitrinas
O Museo de Lugo ven de concluír os traballos de reforma e actualización das vitrinas de cerámica e vidro (Sala 20, Primeiro Planta) co obxectivo de facer a visita máis didáctica, accesible, visual e atractiva para todos os públicos.
A intervención consistiu na inclusión de cartelería para identificar as
pezas expostas e na colocación de paneis de fondos das vitrinas con
debuxos, textos explicativos e fotografías, ademais de substituír
algunhas pezas que figuraban na exposición estable por outras da sala.
A actuación, realizada polos departamentos de Belas Artes e Arqueoloxía
e Historia coa coordinación de Aurelia Balseiro, mellora a experiencia
das persoas visitantes, contribuíndo ao coñecemento e difusión deste
patrimonio do Museo de Lugo.
Relación de vitrinas:
1- Louza dourada (Manises, Muel)
2- Azulexos de Triana
3- Cerámica de Talavera e Puente del Arzobispo
4- Louzas estampadas españolas
5- Cristal da Real Fábrica de cristales de la Granja